Monday 29 de April de 2024

O alcalde de Ribeira reúnese coa veciñanza de Carreira e a Graña


O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Participación Veciñal, Xabier Vidal, mantiveron hoxe reunións en Carreira e a Graña co propósito de atender as necesidades da veciñanza nas distintas parroquias.

Durante as xuntanzas a pé de rúa; abordáronse necesidades locais como o mantemento e limpeza dos espazos públicos, infraestructuras e zonas verdes municipais. Durante ambos encontros, o alcalde reafirmou o seu compromiso coa mellora da limpeza e as infraestruturas nas distintas parroquias do municipio; co propósito de mellorar a mobilidade, o acceso a servizos esenciais e o benestar de toda a veciñanza.

“A participación veciñal e a atención ás parroquias son aspectos fundamentais na xestión dos gobernos municipais” explicou o rexedor Luís Pérez. “Cada parroquia ten necesidades específicas, e é a nosa responsabilidade garantir que estas sexan abordadas de xeito efectiva.”